Nos Teus Brazos

Información da obra
Título: “Nos Teus Brazos”


Tipo: Poesía


Data da primeira edición: 13/03/2019


Author: Marcus Octavius Libo


Territorio orixinal: Estado Federado do Instrania


Notas:

 

Lémbrame nos teus brazos
deixa que arroxe a tristeza aos teus pés
devólveme a infancia
e apaga o lume da noite.
Ensíname as cores do Paraíso
e o sangue que flúe nos seus seos,
a túa boca como unha bágoa
percorrendo o meu corpo
e as túas mans suorentas
polo pelo.

Desembarca na miña cama cada noite
e deixa que o espanto sexa insaciable
cando teñas que ir ao traballo
sempre que amenza.
Sobre min soamente o ceo
e comigo soamente ti.