Liga de Micare de Instrania 2019

Regulada polo decreto estatal do 3 de marzo de 2019, a liga  Micare de  Instrania é unha competición oficial onde participan 4 equipos deportivos.

Decreto estatal do 3 de marzo de 2019:

I. Liga de Micare de Instrania.

A día 03/03/2019, o Estado Federado de Instrania crea a liga Micare de Instrania, Tempada 2019, na que poderán participar todos os equipos deportivos con sede en Instrania.

Tómase como regulamento básico o tradicional de Timeria, no que os xogadores terán que acertar o número de dedos mostrados polo rival.

Os dous xogadores colocaranse un fronte a outro, escondendo unha man detrás do corpo. Cada un sacará a man escondida estirando os dedos que queira, ao mesmo tempo que dirá un número do cero ao dez, tentando adiviñar o número total de dedos do rival. Gañará o xogador que acerte primeiro.

Para participar nos equipos deportivos da Liga hai que ingresar unha taxa de 50.000 X. Ao final da tempada o equipo gañador recibirá unha recompensa de 200.000 X.

O prazo para rexistrar un equipo é o 5 de marzo de 2019. A Liga comezará o 8 de marzo de 2019.

Mykos Phanias Sebastos, Presidente do Estado Federado de Instrania.

 

REGRAS

Xogo individual, entre dous opoñentes. Ambos deben esconder unha man detrás das costas, e á vez que din o número de dedos que sumarán os dous mostran as mans.

Puntuación Mínima 2. O puño pechado vale 1. A puntuación non pode ser maior que 10.

O xogador que acerta gana. Se non acerta ningún, repítese a xogada.

Un partido termínase cando un dos xogadores chega a 21 puntos.

Equipos participantes

Club Deportivo Instranense

Xogadores: Orthia Xene Electra / Protus Laodocus Haemon / Appia Salvia Celer

Club Hades Sodalitas

Xogadores: Aulus Curtius Cordus / Eunice Kassandra Adeia / Tiberius Laelius Silanus

Club Deportivo Instrania

Xogadores: Publius Cornelius Barbatus / Quintus Octavius Messalla / Titus Ulpius Glabrio

Trifolium

Xogadores: Leagros Aeropus Mesaulius / Elasus Acessamenu Thrasybulos / Aratus Narcissus Hagnon